O GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA ZONA 5 SUPERA O MEDIO MILLÓN DE EUROS NO REPARTO DAS SUBVENCIÓNS ENTRE OS SEUS DERRADEIROS PROXECTOS

09
Sep
0
com

O GAC 5 pertencente a zona da Ría de Arousa,  aprobou na súa derradeira convocatoria un total de 12 iniciativas novas a desenvolver na súa área de actuación, o cal terá unha repercusión directa sobre o territorio, xa que se prevé  un total de 48 postos de traballos novos e permitirá a consolidación de 43 empregos xa existentes. Ademais dita aprobación supón unha inversión dun total de 1.136.651,84 € procedentes de fondos públicos e privados destinados ao desenvolvemento social e produtivo do territorio do que estamos a falar. A subvención de dito orzamento total supón o mais do 50% de dito computo total, alcanzando os 579.571,24 €.

A maioría dos proxectos aprobados pertencen aos denominados coma produtivos, é dicir, están ligados a iniciativas privadas ,as cales, contemplan un importante abano de actividades (servicios, turismo, industria, etc). Ditas iniciativas obteñen unha media na súa financiación con fondos públicos do 44, 28% con respecto ao seu orzamento total.

Con respecto aos demais promotores, administración públicas locais ,confrarías, asociacións do sector pesqueiro e polo tanto dentro dos proxectos non produtivos, obteñen 5 iniciativas aprobadas e aceptadas, das que acadan unha media de subvención pública sobre o orzamento total de mais do 88%, supoñendo un total de inversión procedentes de fondos europeos , nacionais e autonómicos de 165.730€.

Ademais das 12 iniciativas aprobadas, o Grupo de Acción Costeira 5 conta cunha lista de reserva con aquelas iniciativas seleccionadas para substituír ás aprobadas en caso de que algunha de elas sexa rexeitada polos organismo promotores das mesmas.

Algunha de eles xa comezou coa súa execución ,e que día a día fanse palpables no entorno xeográfico do que estamos a falar. Son proxectos pensados cara o desenvolvemento económico da Ría de Arousa e que convocatoria tras convocatoria non deixan desapercibido a ninguén.

Os promotores que estean interesados en desenvolver actividades coma as que na actualidade se presentan, terán ata o 30 de Setembro para optar coas súas novas iniciativas a levar a cabo dentro da Zona 5 do grupo de acción costeira dentro da convocatoria vixente. Polo que, todos aqueles que estean interesados na presentación de proxectos produtivos ou non produtivos teñen aínda oportunidade para acceder a consecución de fondos públicos que axuden o desenvolvemento de ideas destinadas ao crecemento do territorio do que estamos a falar.

Fecha: 
09/09/2011 - 09:28
AttachmentSize
Noticia proxectos aprobados.pdf82.7 KB