Xornada de presentación GAC 4: Noia

23
Jun
0
com
Foto: 
IMAGEN CONTENIDO PAGINA-10.png

O GAC 4 (Grupo de Acción Costeira 4, de Fisterra a Porto do Son) atópase realizando as tarefas de peche do programa 2007-2013 e a preparación do novo programa 2014-2020. Concretamente, este Grupo de Acción Costeira comprende a zona desde Fisterra ata a ría de Muros e Noia.
Este programa europeo, executado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, ten como finalidade o desenvolvemento das zonas a través de iniciativas relacionadas co sector do mar e da pesca. Esta iniciativa apoia economicamente mediante subvencións proxectos de diferentes ámbitos da hostalería, a industria, os produtos pesqueiros, as actividades deportivas etc.

Para dar cabida a todos os interesados, os vindeiros días 23 e 25 de xuño celebraranse dous actos / presentacións sobre os proxectos beneficiarios das axudas achegadas polo GAC 4, co obxectivo de dar a coñecer o traballo realizado e impulsar a participación na nova convocatoria que pronto se porá en marcha.

Estes actos serán á súa vez retransmitidos por streaming para facilitar a información a todos os interesados en poñer en marcha un proxecto na zona, poidan ou non asistir fisicamente.

_ Martes día 23. Noia
Localización: Noia (edificio do Grupo de Acción Costeira, rúa Malecón Gasset, 12, Noia)
Retransmisión por streaming
Estrutura:
11.00 h Apertura
11.10 h Experiencia GAC da zona 1 (caso real)
11.35 h Experiencia GAC da zona 2 (caso real)
12.00 h Que é o GAC 4?
12.30 h A claves do emprendemento de Fisterra a Porto do Son. Puntos fortes e puntos débiles.
13.00 h Mesa redonda
13.30 h Peche

Con posterioridade, celebraráse outra xornada en Cee o xoves 25.


_Xoves día 25. Cee

Localización: Cee (Salón de Plenos do Concello, rúa Domingo Antonio de Andrade s/n, Cee)
Retransmisión por streaming
8.00 h Apertura polo representante do GAC 4
18.10 h Experiencia GAC da zona 1 (caso real)
18.35 h Experiencia GAC da zona 2 (caso real)
19.00 h Que é o GAC 4?
19.30 h As claves do emprendemento de Fisterra a Porto do Son. Puntos fortes e puntos débiles
20.00 h Mesa redonda
20.30 h Peche

Inscrición gratuíta:
comunicacion@eosa.com
+34 986 419 922 Ext. 2032

Fecha: 
23/06/2015 - 12:34 - 23:34