Mellora na selleción de marisco previo á primeira venda.

Tipo de Proyecto: 
No Productivo

Era tradicional na confraría de Vilanova que o marisco fora exposto á primeira venda en lotes individuais para cada unha das especies capturadas por cada mariscador. Isto supuña un incentivo posto que os mellores lotes adoitaban acadar mellores presos. Sen embargo, este sistema dificulta o control da talla dos individuos comercializados, e o elevado número de lotes presentes pode retardar o proceso de subasta.

Recentemente foi incorporado á lonxa un sistema de clasificación e pesada que forma lotes por categorías de talla, e que permite identificar o aporte de cada produtor a cada lote concreto. Observamos que este sistema acelera o proceso da poxa e eclúe, con aceptable fiabilidade, os individuos que non acadaron a talla mínima esixible.

Pero para xeneralizar o sistema de clasificación a todas as especies capturadas, necesitamos incorporar equipos que realicen ese traballo. O equipo elixido consta dunha máquina provista de tres parrillas e un sistema de movemento que despraza o marisco sobre delas separándoo en catro grupos. O primeiro o dos individuos que non chegan á talla mínima, e que posteriormente serán devoltos ao banco marisqueiro. O segundo é o dos individuos de categoría tres-a de menor tamaño-, o terceiro é o dos individuos de categoría dous, e o cuarto é o dos individuos de categoría 1 –a de maior tamaño-. Os individuos de categoría 3, 2 e 1 van caendo sobre caixas pousadas sobre equipos de pesada conectados a un ordenador que permite rexistrar o aporte de cada produtor a cada un dos lotes, e calcular logo da venda, o importe que lle corresponde.

O grupo de individuos de talla inferior á esixida serán agrupados e devoltos ao banco marisqueiro de forma moito mais controlada, sabendo o volumen e o lugar de destino.

Por outra banda, hai unha nova medida metrolóxica, de aplicación a todas as actividades económicas e destinada a protexer aos que realizan a transacción, neste caso a compra-venda de marisco, que esixe a adaptación dos equipos de pesada hoxe presentes na lonxa e que seguirán sendo necesarios para o pesado das especies que, polo seu baixo volumen de captura ou polas peculiaridades do sistema de venda-caso da nécora e do camarón vendidos nesta lonxa-, non sexan susceptibles de venda clasificada.

PROMOTOR/A/ES
Promotor/es: 
Confraría de Vilanova
Datos de interés del promotor/a: 
http://www.cofradiavilanova.org/
Perfil empresarial: 
Organización sectorial
PROYECTO
Fecha de aprobación: 
02/12/2016
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o dsenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca 2014-2020.
Presupuesto total: 
31.420,00€
Subvención Total Eje 4 (incluye la subvención FEP+ Subvención MARM+ Administración autonómica): 
31.420,00€
% sobre total Presupuesto: 
100
Plazo total en meses: 
1
Anualidades: 
2016
Ámbito de aplicación del proyecto: 
O ámbito de actuación do proxecto coincide co ámbito territorial da Confraría de Pescadores “A Pastoriza” , dende o Rego do Alcalde ata o Regato Aduana de Corón; que se atopa na súa totalidade dentro do Concello de Vilanova de Arousa.
Plazo de ejecución: 
31/12/2016
Estrategias, objetivos y prioridades del proyecto
Principales objetivos del proyecto: 
Mellorar a calidade e o valor potencial do marisco que se presenta á primeira venda na lonxa.
Principales actividades del proyecto: 
Actividade 1.- Clasificación do marisco previa á súa exposición para a venda. Actividade 2.- Sementeira controlada do marisco rexeitado Actividade 3.- Adaptación dos sistemas de pesado da lonxa á actual normativa.
Resultados concretos previstos: 
Presentar as distintas especies de bivalvos postos a venda na lonxa agrupados por categorías de tamaños, en caixas de tamaño semellante, con garantía de pesada e de ausencia de tallas por debaixo do mínimo establecido, ben pola lexislación ou ben polos plans de xestión.
Prioridades y objetivos del Plan Estratégico del Grupo a las que responde el proyecto: 
1/ Fomentar unha pesca sustentable dende o punto de vista medioambiental, eficiente no uso dos recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento. 2/Fomentar unha acuicultura sustentable dende o punto de vista medioambiental, eficiente no uso dios recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento. 4/ Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima. 5/Incentivación do investimento nos sectores de transformación e comercialización.
Eje temático del Proyecto: 
Valor añadido de los productos pesqueros
Prioridades del Plan Estratégico Nacional del Fondo Europeo de la Pesca a las que responde el proyecto: 
Mantener la prosperidad económica y social de las áreas y revalorizar los productos de la pesca y la acuicultura.
Mejora de la competitividad en el sector pesquero.
Estrategias del Plan Estratégico Nacional del Fondo Europeo de la Pesca a las que responde el proyecto: 
Política de calidad de los productos pesqueros
Clasificación
Identifique el tipo/s de operación/es con las que se corresponde el proyecto: 
Operación para reforzar la competitividad de las zonas de pesca
Operación para restablecer el potencial de producción en las zonas de pesca.
INDICADORES HORIZONTALES
Empleo: 
El proyecto es neutro desde el punto de vista del empleo
Igualdad de Oportunidades: 
El proyecto es neutro respecto a la igualdad de oportunidades de hombres y mujeres.
Medioambiente: 
El proyecto es neutro desde el punto de vista medioambiental.
Imágenes: 
lonxa_vilanova.jpg
lonxa vilanoa2.jpg