ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE GACstroderías 2013

29
Maio
0
com

O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra anuncia a contratación das actividades de dinamización GACstroderías 2013  que se celebrarán coincidindo coa Festa da Ameixa no Concello de Poio. Os interesados en participar no procedemento de contratación poden consultar as bases na web dos Grupos de Acción Costeira: www.accioncosteira.es ou tamén solicitalas no correo electrónico gac6@accioncosteira.es ou no teléfono 88621301. 

As actividades de dinamización teñen coma obxectivo a promoción dos produtos do sector pesqueiro e marisqueiro da Ría de Pontevedra e contan co financiamento do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e da Consellería do Medio Rural e do Mar. 

Fecha: 
29/05/2013 - 14:56
AdjuntoTamaño
BASES_CONTRATACION_GACstroderias_2013.pdf219.54 KB