FAQ - Proxectos non produtivos


Os proxectos de investimento non produtivo só poden ser presentados por:

- Unha entidade pública local, como un concello ou unha mancomunidade

- Unha confraría de pescadores ou asociacións do sector pesqueiro, como poden ser asociacións de mariscoras, redeiras, mexilloeiros, etc.

- Asocicións declaradas de utilidade pública. Este tipo de asociacións son aqueles que, estando constituidas segundo a Lei Orgánica 1/2002, tramitaron a súa declaración utilidade pública segundo o artigo 32 e seguintes da cita Lei, e o Real Decreto 1740/2003, sobre o procedemento relativo ás asociacións de utilidade pública.