A RIA DE MUROS-NOIA CONSOLIDASE COMO REFERENTE TURISTICO MARIÑEIRO

01
Xul
0
com
Foto: 
1.7.2011.jpg
Fecha: 
01/07/2011 - 13:28

A ría de Muros-Noia e a Costa da Morte deron onte un paso decisivo para a consolidación  como referente turístico mariñeiro, converténdose na primeira área xeográfica europea que ofrece unha imaxe de marca deste tipo. O produto Mar Galaica, desenvolvido durante os últimos 10 meses polo Grupo de Acción Costeira (GAC4), tivo a súa posta de longo nun acto celebrado en Santiago ao que non faltou a Conselleira Rosa Quintana.

A proposta dada a coñecer onte é a suma de iniciativas de turismo mariñeiro xa existentes, como Mar de Lira, Pindo Mariño, Porto Celta ou Pescando no Solpor, e o seu desenvolvemento foi posible grazas á implicación de empresas vinculadas ao lecer e á hostalaría, entre outras cousas, así como a participación do propio sector pesqueiro e confrarías.

Mar Galaica, unha marca rexistrada propiedade do GAC4, pon a disposición de quen visiten as comarcas de Muros e Noia, así como a Costa da Morte, un total de 85 alternativas para achegarse ao mundo do mar. As propostas atópanse divididas en tres grandes grupos: Turismo a Bordo, onde existe a opción de embarcarse nun pesqueiro ou de ver a ría dende o balandro Xoaquín Vieta; Mariñeiro en Terra, que inclúe rutas por Muros, Lira ou Caldebarcos; e A Mar de Aventuras, coa posibilidade de efectuar cruceiros, mergullar e alugar veleiros.

Gastronomía.

Ao mesmo tempo, do produto Mar Galaica forman parte unha ducia de establecementos que, dende o mar, poñen directamente sobre as mesas os seus mellores materias primas. Tamén hai unha ampla variedade de apartamentos turísticos e casas rurais para que os visitantes podan aloxarse.

Ao acto de presentación acudiron, entre outros, a Secretaria Xeral de Turismo, Carme Pardo, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana. Esta última puxo como exemplo de promoción  el plan deseñado polo Grupo de Acción Costeira.

Quintana definiu as accións do GAC4 como exemplos de unión e integración e subliñou o feito de que a iniciativa Mar Galaica integra aos concellos da área de Fisterra e aos da ría de Muros-Noia como unha estrutura estable e non pasaxeira.

A aposta pola calidade é o sinal de identidade do produto que onte comezou a funcionar e que ten como novidade o lanzamento ao mercado unha oferta estruturada