O GRUPO NOVA NOIA INAUGURA O NOVO HOTEL "CASA MAR DA VILA" EN NOIA

08
Ago
0
com
Foto: 
28.7.2011.jpg
Fecha: 
08/08/2011 - 13:05

A localidade coruñesa de Noia inaugurou oficialmente o pasado venres 29 de xullo o novo hotel “Casa Mar da Vila”, anticipando así en case seis meses as previsións de apertura para o ano 2012.

No mesmo acto presentouse a campaña de promoción verán-outono 2011 de “Margalaica, Turismo Mariñeiro”.

Aínda que oficialmente inaugurouse o 29 de xullo, a realidade é que este hotel de 2 estrelas adiantou a súa apertura ao pasado 14 de xullo aproveitando a celebración do Mercado Medieval e as festas do Carme.

O negocio hoteleiro conta con 6 habitacións e está situado nun inmoble propiedade da Fundación Blanco-Monroy que estivo durante anos en estado ruinoso, a  reforma foi levada a cabo pola sociedade galega Nova Noia, que explotará o “Casa Mar da Vila” tras obter unha cesión durante 25 anos, prorrogable casa cinco.

A inversión empregada por Nova Noia en remodelar completamente o edificio foi de 1.053.954 euros, aínda que deste total  414.203 foron aportados por unha subvención concedida polo Grupo de Acción Costeira (GAC4).

“Casa Mar da Vila” está situado na Rúa Porta da Vila, 6, no centro da vila costeira; consta de tres andares, coas habitacións entre o segundo e terceiro andar, mentres que na primeira está o restaurante, e nos baixos do edificio, a cafetería.

Prevese que a plantilla do novo hotel sexa de seis persoas. Nova Noia non descarta ampliar a súa rede hoteleira, pero non sería antes de finalizar o 2011.