15 de Setembro XORNADAS DE DIFUSIÓN DO GAC 5 en Vilagarcía de Arousa

02
Set
0
com
Fecha: 
02/09/2011 - 14:32

O próximo 15 de Setembro realizarase unha xornada de difusión e dinamización en Vilagarcía de Arousa ás entidades participantes do Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa, así como a todas entidades e persoas que estean interesadas en asistir. O obxectivo destas xornadas de difusión e dar a coñecer o traballo realizado pola nosa agrupación, así como as posibilidades que estamos a brindar cara ao desenvolvemento e promoción de distintas iniciativas tanto produtivas coma non produtivas, xa que a convocatoria para a presentación de novos proxectos finalizará a finais do mes de Setembro.

A presentación estará orientada a todo o público en xeral así como a aquelas organizacións (públicas ou privadas) que estean interesadas nas posibilidades que ofrecemos para obtención de fondos cara ao desenvolvemento económico do noso territorio de actuación.

O acto comezará ás 16:30 no auditorio da Cámara de Comercio de Vilagarcía, e contarase coa participación da Consellería, doutros grupos de acción costeira propios doutras áreas de actuación, así como da Xerenta do noso grupo, quen explicará os proxectos realizados e a estratexia a seguir de agora en adiante pola nosa organización.

Ao longo do presente mes, desenvolveranse outras actividades de dinamización ao largo do noso territorio cara a promoción do traballo realizado e a sensibilización das distintas entidades para conseguir a súa participación activa cara o desenvolvemento do territorio.