EXITOSA EXPERIENCIA DO BERBERECHO DO ANLLONS E loestamospescando.com NO FORUM GASTRONÓMICO DE SANTIAGO

29
Feb
0
com
Foto: 
mariscadoras forum web.jpg

Os pasados días 26, 27, e 28 de febreiro o Grupo de Acción Costeira Costa da Morte participou na terceira edición do Forum Gastronómico de Santiago con dous proxectos.

 

Por un lado presentouse o proxecto promovido polo GAC 3  loestamospescando.com, baseado na comercialización por parte da xente do sector do mar, do seu produto, garantindo a frescura e a procedencia deste.

 

Por outro lado a Asociación de mariscadoras do Río Anllóns presentou o seu berberecho, a recente certificación como produto incluído na marca de calidade “PescadeRías ¿de onde senón?”, e a dispoñibilidade de poder vendelo tanto a profesionais como o público en xeral.

berberecho_pescaderias_web.jpg

A participación destes dous proxectos no Forum saldouse cun considerable éxito. Os berberechos do Anllóns foron recoñecidos por profesionais e público en xeral, pola súa calidade e tamaño. Establecéronse contactos con numerosos profesionais da restauración, interesados en poder degustar este produto e incluílo nas súas cartas e nos seus menús.

 

O berberecho do anllóns foi elixido polo restaurador Hector López, do restaurante España da cidade de Lugo, coma materia prima  no taller do Forum " Cociña do mar con moluscos de Galicia".

 

Ó mesmo tempo o Gac Costa da Morte deu a coñecer o proxecto loestamospescando.com con boa aceptación entre o público e os profesionais de restauración.  A idea de pedir o pescado cando aínda no chegou ó porto, a confirmación do pedido ó celebrarse a subasta, así como a frescura, a calidade do produto e a garantía da procedencia tivo boa acollida entre os potenciais clientes.

  loestamos_pescando_web.jpg

Fecha: 
29/02/2012 - 09:14
AdxuntoTamaño
prensa forum.pdf1.31 MB
prensa forum1.pdf1.23 MB