ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN NO GAC1

30
Xun
0
com
Fecha: 
30/06/2012 - 13:16

ANUNCIO DE CONTRATACIÓN

GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA 1: A
MARIÑA-ORTEGAL

PRESENTACIÓN: O turismo mariñeiro é
unha modalidade turística que está a cobrar forza e presenza no mercado galego.
Nos últimos anos son moitas as iniciativas que están a xurdir na costa galega
que procuran un achegamento dos cidadáns e turistas ao mundo da pesca: as
profesións e oficios, as tradicións, os escenarios reais da vida mariñeira, os
distintos ecosistemas mariños, etc.

Pero o turismo mariñeiro, como veñen a amosarnos outras experiencias
ten, ademais, a capacidade de dinamizar outros sectores da economía local como
a restauración, a hostalería e os servizos.

Dende o punto de vista da xestión, o turismo mariñeiro tamén
está acadando mais importancia a cada día que pasa: distintas instancias e
administracións están a implicarse no desenvolvemento de produtos, programas de
actividades e promoción do turismo mariñeiro.

Neste sentido, o GAC 1 A Mariña- Ortegal entende que o seu
territorio conta cun amplo patrimonio e cultura mariñeira, así como unha
poboación local cunha historia de séculos de relación co mar, motivos polos
cales entende que debe implicarse no desenvolvemento do turismo mariñeiro no
seu territorio de acción.

Para elo, ademais o GAC1 acordou tamén integrarse no seo da iniciativa
de turismo mariñeiro Mar Galaica, auspiciada polo GAC 4 Seo de Fisterra- Ría de
Muros- Noia.

OBXECTO: Contratación dunha
Asistencia Técnica para a realización de actividades de promoción/dinamización
na zona de influencia do GAC1 A Mariña-Ortegal, co obxectivo de crear unha
oferta básica e promocionar o turismo mariñeiro en dita zona.

CONDICIÓNS E PREGOS: As bases de
contratación pódense consultar na oficina do Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal.

LUGAR, FORMA E PRAZO
DE PRESENTACIÓN:
No rexistro do GAC1, sito na Rúa Praia, nº 1-2º Celeiro   27863 Viveiro (Lugo), Tfnos.: 982 56 33
55/606 56 85 06.

O prazo de presentación de solicitudes será de dezasete días
naturais a contar dende a publicación deste anuncio (ata as 14:00 horas do día 17
de xullo).

D. José Basilio
Otero Rodríguez

Presidente do
GAC1 A Mariña-Ortegal