RESOLUCIÓN DO PROCESO DE CONTRATACIÓN DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN NO GAC1

07
Ago
0
com
Fecha: 
07/08/2012 - 09:12

D. José Basilio Otero Rodríguez, en calidade de Presidente en nome e representación do GAC A Mariña-Ortegal, con CIF: G-27.386.192 e nederezo para os efectos de notificación en Rúa Praia, nº 1-2º Celeiro 27863 Viveiro (Lugo)

INFORMA

Primeiro.- Que o PROCESO DE CONTRATACIÓN DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN AO ABEIRO DO PLAN ESTRATÉXICO ZONAL DO GAC1, co obxectivo de crear unha oferta básica e promocionar o turismo mariñeiro en dita zona, abriuse o día 30 de xuño de 2012.

Segundo.- Que a dito proceso presentáronse cinco empresas, realizando as correspondentes propostas técnicas e económicas:

- Unha das propostas non foi admitida por non cumprir co apartado 7 do Prego de Bases.

- As outras catro obtiveron a seguinte puntuación:

MÉNSULA INICIATIVAS TURÍSTICAS E CULTURAIS, S.L. .................. 99,37 ptos. (75,00 + 24,37)

FUTUVER TECNOLOGÍAS E INNOVACIONES TURÍSTICAS, S.L. .......... 90,00 ptos. (65,00 + 25,00)

RP3 VIGO, S.L. ........................................................................... 64,93 ptos. (55,00 +9,93)

AGENCIA DE VIAJES PACO ........................................................... 50,47 ptos. (26,00 + 24,47)

Terceiro.- Que segundo o Prego de Bases de contratación, a Comisión de Selección elixirá a oferta con mais puntuación entre tódalas presentadas e que cumpran os requisitos establecidos, formulando a proposta de adxudicación á Xunta Directiva do GAC1.

Por todo o exposto, a Xunta Directiva, na reunión celebrada o día 6 de agosto de 2012

ACORDA

Seleccionar a proposta presentada pola empresa MÉNSULA INICIATIVAS TURÍSTICAS E CULTURAIS, S.L. como a mais interesante entre as presentadas, e proceder á súa contratación para desenvolver dito proxecto dentro do Programa do GAC1.

Celeiro-Viveiro, a 7 de agosto de 2012

 

Asdo. D. José Basilio Otero Rodríguez