Rutas en Barco pola Ría do Eume

03
Set
0
com
Foto: 
P1040190.JPG
Fecha: 
03/09/2012 - 10:28

O Concello de Cabanas realiza unha Ruta en Barco pola Ría do Eume. Nesta viaxe poderase coñecer o labor dos mariscadores a frote da Ría de Pontedeume e Cabanas, tamen poderase observar a as aves e as fermosas ribeiras desta Ría, que ten no Parque Natural das Fragas do Eume, ao longo deste ascenso pola Ría poderase observar a riqueza deste rincón único que conserva Bosques atlánticos europeos, a riqueza paisaxística desta fermosa Ría do Eume.

A Ruta chega ata o centro de atención de vistantes do Parque e volta
pola outra beira da ría. Unha ruta que non esquecerá. Para reserva praza
chamar o nº650 484 540 de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas, ou na
Oficina de Turismo do Concello de Cabanas.

Este
proxecto foi impulsado polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" e
financiado polo Fondo Europeo de Pesca ó 61%, o Ministerio de
Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e Consellería de Medio Rural
e do Mar. Europa inverte na Pesca Sustentable
A embarcación
"Anduriño" foi cedida pola Dirección Xerral de Desenvolvemento Sostible
da Consellería de Medio Rural e do Mar e construída na escola taller
"Aixola" de Marín.

Mais información:

http://gacgolfoartabro.blogspot.com.es/2012/09/rutas-en-barco-pola-ria-d...