"CONSUMO RESPONSABEL, CONSUME PRODUTOS DO MAR E DA HORTA DE PROXIMIDADE"

24
Out
0
com
Foto: 
P1040303.JPG
Fecha: 
24/10/2012 - 12:00 - 21:00

A iniciativa do Grupo de Acción Costeira "Gac Golfo Ártabro" xunto co
GDR "Mariñas - Betanzos, tivo unha boa acollida no Barrio Coruñes de Os
Mallos, máis concretamente, no Chaflán Bar. Onte na Actividade
"Promoción dos Produtos do Mar e da Horta de Proximidade", o xerente de
GAC Golfo Ártabro, Federico López Viñas, e produtor de horta e
representante da Xunta Directiva do GDR "Mariñas Betanzos", Antón
Sánchez García fixeron unha presentación das dúas Asociacións, facendo
fincapé o traballo realizado por cada unha das Asociacións, coas
Confrarías de Pescadores e cos Produtores de horta. Sobre os proxectos,
sobre a actividade dos produtores das bisbarras.

Presentaronse as variedades de horta recuperada polo Centro de
Investigación Agrarias de Mabegondo, e os Produtos do Mar das Confrarías
e Produtores de Mexilon de Lorbé, presenteouse a guía de produtores
locais. O termo da charla,realizouse unha degustación destes produtos de
Mar e da Horta, realizado polo Cociñeiro Carlos López. 

 Os obxectivos desta actividade foron:
* Promover a compra polo consumidor de produtos do Mar e da horta de próximidade das Confrarias e produtores das bisbarras.

* Promover o compra nas tendas de barrio, peixarías, froitarías, tendas delicatessen, tendas ecolóxicas, etc. do barrio.
* Promover un consumo responsabel.
* Acadar unha economía a escala que mellore a calidade vida destes produtores.
* Dar a coñecer o traballo e proxectos do GAC Golfo Ártabro

e do GDR Mariña - Betanzos
* Presentar a guía de produtores