Xornada "Xestión Integrada de Zonas Costeiras" organizada pola Confraria de Sada

26
Out
0
com
Foto: 
P1040359.JPG
Fecha: 
26/10/2012 - 10:00 - 12:00

Onte tivo lugar no Castelo de Sta. Cruz de Oleiros, unha Xornada sobre Xestión Integrada de Zonas Costeiras, organizada pola Confraría de Pescadores de Sada e financiados polo GAC Golfo Ártabro dentro do Eixo do Fondo Europeo de Pesca do Eixo 4.

Nesta ocasión  falouse sobre ampliación da Rede Natura 2000 e zonas LIC da Costa e zonas Mariñas, por parte de Rogelio Fernández, Director Xeral de Dirección Xeral de Conservación da Natureza.  Dende a Dirección Xeral de Costas, o seu responsable Rafael Eimil disertou sobre o novo anteproxecto de lei de Costas. O plan de ordenación de Litoral foi explicado polo Director do Instituto de Estudos do Territorio, Manuel Borobio.

Pechou a Xornada a Conferencia e debate da representante da Fundación Lonxanet para pesca Sostible Elena Vázquez sobre a pesca Artesanal na Conferencia de Nacións Unidas sobre desenvolvemento sostible e a súa proposta das Reservas Mariñas de Coxestión cos pescadores.

 mais información

P1040359.JPG