INNOVACIÓN UNHA OPORTUNIDADE PARA O SECTOR DO MAR

19
Dec
0
com
Fecha: 
19/12/2012 - 11:46 - 22:00

Este martes 11 de decembro, na Aula da Casa do Mar de Sada tivo lugar a
Mesa de traballo sobre innovación para o Sector do mar do Golfo Ártabro,
o obxectivo desta actividade é por en contacto aos centros de
investigación existentes na nosa Comunidade coas Confrarías de
Pescadores do noso territorio. A mesa estivo moderada polo Xerente do
Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro", Federico López.

Dende o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Angel Francisco
González e Angel Guerra, investigadores do Departamento de Ecobio,
presentaron as distintas liñas de investigación que están a realizar
actualmente, e presentaron un proxecto de divulgación científica que se
vai a realizar no sur de Galicia e que se financiará con Fondos do Fondo
Europeo de Pesca.

A Subdirectora da Estación Biolóxica Mariña da Graña, Celia Besteiro,
presentou as instalacións e actividades que se realizan en dito centro
de investigación, así como os derradeiros proxectos que se están a
exectar dende esta estación.

A representante de transferencia tecnolóxica do Centro Tecnolóxico do
Mar (CETMAR), Rosa Fernández, amosou o que estase a facer na plataforma
tecnolóxica TECNOPEIXE, e o papel que está a realizar o Cetmar como
dinamizador desta plataforma. Nos proxectos que están a realizar na
plataforma.
A mesa de traballo rematou cun debate, das posibles liñas de traballos
entre estes centros de investigación e as Confrarías de Pescadores.
Dende as Confrarías falaron da necesidade dunha boa depuración das augas
e o funcionamento das depuradoras do territorio para mellorar a
calidade das augas. E os problemas das grandes infraestructuras como os
Portos Exteriores, no cambios de corrientes e cambios na sedimentación
de limos en praías, que tiñan gran produtividade e que están afectando a
súa produtividade.