Información de utilidade para a candidatura a Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro do FEMP 14-20

04
Maio
0
com

Estimado amigo ou estimada amiga,

O Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo – A Guarda entidade xestora do Eixo IV do Fondo Europeo de Pesca, está realizando un diagnóstico do territorio, para coñecer cal é a situación actual desta zona costeira (concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda) e cales son as súas potencialidades de cara á súa mellora e desenvolvemento.

Interésanos coñecer as vosas opinións, tendo como referencia as seguintes cuestións:

1. Como valoras a situación actual da zona costeira nos ámbitos da actividade pesqueira actividade económica (turismo, hostalería, comercio, servizos,...), patrimonio cultural e artístico da zona, espazos e recursos naturais da zona, calidade ambiental,...?
2. Cales son os principais problemas e preocupacións en ditos ámbitos?
3. Cales poden ser as áreas emerxentes e as oportunidades que se lle ofrecen ao territorio cara o futuro?
4. A que obxectivos debe aspirar a zona costeira para acadar o seu desenvolvemento sostible?

Esta información será de utilidade para apoiar a futura candidatura a Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (2014-2020)
Toda a información recollida terá un tratamento conxunto, non facendo referencia expresa a información de carácter individual, estando garantida a confidencialidade do proceso.
Para achegar a súa opinión pode enviarnos calquera arquivo ou documento ao enderezo electrónico do GAC: gacvigoaguarda@yahoo.es
A túa resposta é moi importante para nós. Grazas por participar

Fecha: 
04/05/2015 - 12:07
AdxuntoTamaño
Consulta on line.pdf287.78 KB