NACE UNHA ASOCIACION DE MULLERES DO SECTOR PESQUEIRO AO AMPARO DO GALP SEO DE FISTERRA RIA MUROS-NOIA.COSTA SOSTIBLE

15
Abr
0
com
Foto: 
mulleres do mar.jpg
Fecha: 
15/04/2016 - 10:53

Unhas trinta mulleres
acudiron á chamada do Galp Seo de Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible para
articular unha nova asociación que aglutine ás mulleres dedicadas aos sectores
vinculadas á actividade pesqueira co fin de dar maior visibilidade a este
colectivo. A acollida á proposta non puido ser mellor xa que unha ducia das
participantes na reunión celebrada onte pola tarde asinaron a acta fundacional
da nova entidade.

Naceu así a
Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia, a
primeira organización destas características fundada en Galicia. Onte se
presentou un modelo básico de estatutos que, tras pulir algúns detalles, está
previsto aprobar nun encontro que se celebrará dentro dun par de semanas e do
que sairá elixida a primeira xunta directiva da entidade.

Ampla representación

Na asemblea de onte
participaron mulleres procedentes de practicamente de todos os concellos do
ámbito de influencia do GALP, desde Carnota ata Porto do Son, estiveron representados
os distintos ámbitos de actividade, desde redeiras ou bateeiras ata mariscadoras,
extractoras de poliquetos e unha recolectora submarina.

A finalidade da
asociación é reforzar o papel da muller do
mar no territorio e, unha vez constituída, as profesionais da zona que
queiran unirse á asociación non terán mais que solicitado, co único requisito
de que estean en activo.