Próximas xornadas do GAlp 5 en Vilagarcía, Cambados e O Grove

19
Maio
0
com
Foto: 
DIPTICO-2 web.jpg
Fecha: 
19/05/2016 - 10:51

Despois dos encontros celebrados en Riveira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Catoira,
o Galp 5 prepara xa novas xornadas na Arousa. Se aínda non puidestes achegarvos a ningunha deixámosvos aquí o calendario das próximas sesión informativas.

Martes 24/05 - VILAGARCÍA. Sala de Conferencias, Auditorio Municipal. 18:30 horas.
Xoves 26/05 - CAMBADOS. Salón de Congresos e Exposicións José Peña. 18:00 horas.
Martes 31/05 - O GROVE. Concello de O Grove – Sala das Cunchas. 18:30 horas

Recordámosvos que con motivo da concesión de axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar, o GALP Ría de Arousa está convocando a celebración de xornadas de dinamización por todo o territorio para dar a coñecer as axudas de cara ao período 2014-2020, dotadas dun orzamento de máis de seis millóns e medio de euros.

Achegamos o díptico onde podedes consultar información sobre o tipo de proxectos que poden presentarse e as liñas estratéxicas a seguir, que serán explicadas polo miúdo durante as xornadas.