Novas xornadas do Galp 5: Hoxe en Vilagarcía e o xoves en Cambados

23
Maio
0
com
Foto: 
cartel Cambados web.jpg
Fecha: 
23/05/2016 - 13:18

O Galp Ría de Arousa continúa o ciclo de xornadas de dinamización da estratexia por todo o territorio co obxectivo de dar a coñecer as axudas de cara ao período 2014-2020. Estas son as sesións informativas previstas para esta semana:

Vilagarcía
Martes 24 de maio,18:30h.
Sala de conferencias do auditorio municipal de Vilagarcia de Arousa
Avda da Mariña, 27

Cambados
Xoves 26 de maio, 18:00h.
Salón de Congresos e Exposicións José Peña
R/ Borrón

As axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar, e dotadas dun orzamento de máis de seis millóns e medio de euros, están destinadas a dous tipos de proxectos:

Produtivos: As actividades que supoñan a realización dunha actividade económica, tendentes a produción de bens ou servizos e que supoñan unha creación e/ ou mantemento de emprego.

Non Produtivos: Os que supoñan o inicio dunha actividade e /ou non esten afectos a unha actividade económica.Proxectos de interese público.

Para poder ser beneficiario das axudas débense cumprir os seguintes requisitos:
-Estar empadroados ou ter o seu domicilio social e fiscal en algún concello do ámbito territorial do GALP Ría de Arousa.
-Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.

Todos os proxectos deberan poder incluírse nalgunha das liñas estratéxicas do GALP para ser selecionados. A Estratexia Do GALP Ría de Arousa está comprendida en 6 grandes obxectivos:
1.-Mellora da Competitividade do sector pesqueiro de forma sostible.
2.-Novas oportunidades a partir da Diversificación Económica: Turismo Mariñeiro etc
3.-Aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas costeiras.
4.-Fomento do benestar social e do patrimonio cultural.
5.-Acadar maior implicación do sector pesqueiro no desenvolvemento sostible das zonas costeiras.
6.-Fomento da Cooperación.

Estes grandes obxectivos teñen como finalidade acadar un desenvolvemento xeneralizado da zona mediante a xeneración de emprego e o apoio a aqueles proxectos innovadores que aporten riqueza no territorio. Tamén pretendese atraer a mocidade para que encontre no territorio expectativas reais de futuro e darlle un maior protagonismo as mulleres, e en particular as mulleres do mar.