Vilagarcía acolle con interese a nova estratexia do territorio

25
Maio
0
com
Foto: 
IMG-20160524-WA0010 web.jpg
Fecha: 
25/05/2016 - 08:55

En Vilagarcía acolleron con grande interese a Xornada de Dinamización da Estratexia organizada polo GALP Ría de Arousa, na que participaron un elevado número de representantes das distintas entidades do territorio do sector social, económico, pesqueiro e acuícola.

O acto foi presentado polo concelleiro de Pomoción Económica da vila, Juan Antonio Pérez, e nel participaron o Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ribeira, Jose Antonio Pérez Sieira, e a Xerente do GALP, Rosa Carballo Martínez, que realizou unha detallada exposición da estratexia deste grupo para o novo período do FEMP 2014-2020.

A continuación, Nicolás Fernández Muñoz, presidente do Grupo de Acción Local de Pesca,
GALP Litoral Cádiz-Estrecho presentou a ponencia "Los profesionales de la pesca y la acuicultura ante los Fondos Europeos" e o director de GESTIMAR S.L. desenvolveu a charla "Proyectos destacados financiados por los Grupos de Pesca en otras zonas de España".

No tramo final do encontro, proxectouse o vídeo de presentación GALP RÍA DE AROUSA, e pechou o acto a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodriguez Carballo, que deu paso a un coloquio onde se resolveron as dúbidas dos asistentes.

A xornada rematou cunha degustación de produtos do mar.