Gran acollida da xornada de dinamización da estratexia do GALP Ría de Arousa en Cambados

26
Maio
0
com
Foto: 
IMG-20160526-WA0012 web.jpg
Fecha: 
26/05/2016 - 21:17

En Cambados acolleron con grande interese a Xornada de Dinamización da Estratexia organizada polo GALP Ría de Arousa, na que participaron un elevado número de representantes das distintas entidades do territorio do sector social, económico, pesqueiro e acuícola.

O acto foi presentado alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma, e nel participaron a vogal do Galp ría de Arousa, María José Cacabelos, e a súa xerente, Rosa Carballo Martínez, que realizou unha detallada exposición da estratexia deste grupo para o novo período do FEMP 2014-2020.

No tramo final do encontro, proxectouse o vídeo de presentación GALP RÍA DE AROUSA, e a xornada rematou cunha degustación de produtos do mar a cargo do restaurante cambadés Casa de Miguel.