Gran interese do sector na Xornada Técnica celebrada polo GALP Ría de Arousa na Cámara de comercio de Vilagarcía

16
Xun
0
com
Foto: 
image1 web.jpg
Fecha: 
16/06/2016 - 09:58

Onte tivo lugar na Cámara de comercio de Vilagarcia de Arousa unha xornada para explicar a convocatoria de axudas que foi publicada o pasado xoves 9 de xuño, que permite que os promotores soliciten axudas no prazo dun mes a partir desta data.

Tamén se realizou unha explicación pormenorizada sobre a presentación de proxectos e forma de cubrir os formularios. Novamente a xornada contou cun elevado numero de asistentes e con un gran interese de participación por parte dos mesmos.