PORTOSIN BUSCA EXPLOTAR OS SEUS TESOUROS PESQUEIROS E CULTURAIS

28
Xun
0
com
Foto: 
22.6.2016.jpg
Fecha: 
28/06/2016 - 14:00

Día 2 e 3 de xullo. A partires das 12:00 horas.

O verán xa está
aquí e con el arranca en Barbanza a tempada das grandes citas festivas, lúdicas
e gastronómicas. Portosín quere contribuír a engrosar este calendario cunha
proposta que busca dar a coñecer as especies punteiras do seu sector pesqueiro:
sardiña, xurelo e xarda. A idea desta exaltación parte do Grupo de Acción Local
do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra e Ría de Muros-Noia. Costa Sostible, pero
conta co apoio do concello, confraría, asociación de empresarios e hostaleiros.

Estes últimos terán
un peso especial na iniciativa que xa ten nome: Azul de Portosín. E que durante
os dúas días da feira ofrecerán un menú cun prezo unificado, buscando poñer en valor
as especies peláxicas da zona e mostrando novas formas de degustalas. Una
decena de profesionais acudirán a unha xornada para recibir formación
específica sobre esta actividade.

Como complemento a
este menú, na explanada portuaria habilitarase unha zona con varios postos, nos
que se ofertarán diferentes propostas gastronómicas en forma de tapas. A idea é
que os produtos mariñeiros teñan un protagonismo especial, aínda que se
completaría con outros pratos que poidan resultar interesantes para o público.

A parte
gastronómica de Azul de Portosín redondearase con tres showcookings. Outros
tantos mestres dos fogóns mostrarán novas formas de cociñar as especies que
captura a flota local.

A intención do GALP
Ría de Muros-Noia é que a gastronomía sexa o eixo dunha cita que se complete con
outras actividades lúdicas. Unha de elas, un mercado ao aire libre de produtos
artesanais de calidade. Esta feira, que contará cunha ducia de expositores,
pretende ser un reclamo para atraer visitantes á localidade.

Entre barcos e redes

O sector pesqueiro
de Portosín será o gran protagonista, non só sobre a mesa dos locais
hostaleiros que se sumen á iniciativa, senón tamén no exterior. O público terá
ocasión de visitar un barco de cerco e coñecer, da man dos armadores e
mariñeiros, os seus segredos.

As redeiras, outro
dos puntais da vila, tamén terán o seu espazo nesta cita. Contarán cunha carpa
propia, na que se farán demostracións do traballo que se realiza a diario.

O colofón de Azul
de Portosín chegará da man do Joaquín Vieta, actualmente o veleiro máis antigo
de Galicia que sigue navegando. Os asistentes á feira terán ocasión de ver o
balandro, tanto por fora como por dentro, e, si o tempo o permite, navegarán
nel.