O GALP 5 celebra este xoves o I ENCONTRO DE MULLERES DO MAR DE AROUSA

05
Xul
0
com
Foto: 
mariscadoras_def.jpg
Fecha: 
05/07/2016 - 13:15

Dende o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa, dada a demanda detectada no territorio, queremos impulsar un proceso de constitución dunha asociación de mulleres do mar que reúna ás iniciativas lideradas por mulleres ou con presencia delas vinculadas ao sector (mariscadoras, redeiras, armadoras, mariñeiras...).Trátase de activar un lugar de encontro que englobe ao conxunto de iniciativas de mulleres do mar de Arousa, para reforzar, visibilizar e empoderar o voso papel no territorio e abordar satisfactoriamente as problemáticas das mulleres profesionais do sector pesqueiro.

Neste primeiro Encontro de Mulleres do Mar de Arousa, pretendemos abrir un proceso de reflexión respecto da viabilidade de creación da asociación. Este encontro enmárcase nun programa de traballo que pretende ter como finalidade a creación dun proxecto asociativo, para o que antes queremos cuantificar o voso interese en formar parte do mesmo.

Esta actividade alíñase cos obxectivos transversais do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, pretendendo reforzar a igualdade e a relevancia das mulleres no conxunto de actividades relacionadas coa actividade marítimo e pesqueira.

Por todo isto, queremos convidar ás vosas asociacións ou entidades a particicipar nesta xuntanza , que celebra a súa primeira reunión o xoves 7 de xullo ás 18:30H na sede do GALP, Avda. Rodríguez de Mendoza s/nº Edificio FEXDEGA en Vilagarcía. A hora de finalización prevista é as 20:00H.
Agradecendo de antemán a vosa implicación neste ilusionante proceso, aproveito a oportunidade para enviarvos un cordial saúdo.

Rosa Carballo Martínez
Xerente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa