I Encontro das MULLERES DO MAR DE AROUSA

08
Xul
0
com
Foto: 
foto mulleres web.png
Fecha: 
08/07/2016 - 12:44

Onte tivo lugar en Vilagarcía unha xornada organizada polo GALP onde participaron mulleres en representación das súas entidades de diversos sectores da pesca, marisqueo e acuicultura: mariscadoras, percebeiras, bateeiras, redeiras, armadoras,...

A xornada comezou realizando un balance do traballo desenvolvido no anterior período do FEP cun estudo da situación actual da muller no mar da Ría de Arousa e coa proxección dun vídeo, resultado de dito estudo.

Posteriormente procedeuse a realizar mesas de traballo para analizar o beneficio da organización das mulleres do mar para solventar os problemas detectados. Despois tivo lugar un debate plenario altamente participativo coa exposición das conclusións das mesas.

Finalmente acordouse que as representantes de cada sector levarían ditas conclusións para avalialas nas súas entidades co compromiso de realizar unha nova xuntanza no mes de setembro.