O GALP COSTA SOSTIBLE APROBA SEIS PROXECTOS QUE PERMITIRAN CREAR QUINCE EMPREGOS NA RÍA DE MUROS-NOIA

09
Ago
0
com
Fecha: 
09/08/2016 - 11:29

Media ducia de proxectos produtivos para desenvolver na ría de Muros-Noia
foron os primeiros en pasar o filtro da nova etapa do Grupo de Acción Local do
Sector Pesqueiro (GALP). As propostas abarcan actuacións de carácter turístico
e industrial, como a rehabilitación dunha antiga depuradora de moluscos na zona
muradá de Abelleira para convertela nun centro de transformación de produtos do
mar con cetaria e área para o pasteurizado de marisco.

As iniciativas respaldadas polo GACLP, que agora deben ser ratificadas pola
consellería do Mar, suporá a creación de quince postos de traballo. En canto á
inversión prevista, supera o millón de euros.

Unha sociedade cooperativa con base en Lira propón ampliar a súa liña de produción para incorporar polbo
procesado, cocido e refrixerado, o que permitirá dar traballo a dúas persoas
con discapacidade en virtude dun acordo subscrito co Cogami. Pola súa parte,
unha firma de conservas artesanais de Nebra propón modernizar a súa imaxe.

En canto as iniciativas non produtivas, destaca a que implica aos
municipios de Muros, Noia, Outes e Porto do Son para a elaboración dun plan
estratéxico de turismo, coordinado co resto do xeodestino.

O orzamento é de 70.000 euros e o obxectivo, identificar os nichos de
mercado máis interesantes
a nivel
turístico e definir estratexias para favorecelos.

Outra das actuacións que pretende subvencionar a xerencia do GALP4 é a
adquisición de velas para o balandro Joaquín Vieta e a compra dunha embarcación
auxiliar.