O Galp Ría de Arousa presentou a súa proposta definitiva de proxectos

25
Ago
0
com
Foto: 
DSC_5867 web.jpg
Fecha: 
25/08/2016 - 08:14

O GALP Ría de Arousa xa elevou á Consellería do Mar a súa proposta definitiva de proxetos produtivos e non produtivos á espera das resolucións definitivas. Os proxectos produtivos presentados foron na súa maioría por S.L. mentres que dentro dos proxectos non produtivos estivo prácticamente igualado o número presentado por Confrarías, Concellos e Asociacións.

Por outra banda, todos os territorios do GALP presentaron algún proxeto destacando o número en Boiro e Cambados.

As temáticas dos proxectos foron diversas e tocaron todas as liñas estratçéxicas do GALP aínda que se concentraron na mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e a diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas.
A listaxe de proxectos da proposta provisional do GALP está publicada no taboleiro da nosa oficina sita en Rodrigo de Mendoza - Fexdega, en Vilagarcía de Arousa.