O GALP 5 convoca ás mulleres da Arousa para crear unha asociación que visibilice e reforce o seu traballo

03
Out
0
com
Foto: 
xeral_mariscadoras-arousa web.png
Fecha: 
03/10/2016 - 12:51

Desde o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa, estamos apoiando a posta en marcha dun proceso orientado á creación dunha asociación de mulleres nesta zona, co fin de reforzar o papel das que desenvolven actividades relacionadas co mundo do mar. Para isto, celebrouse no mes de xullo deste ano, unha reunión na que participaron representantes de diferentes entidades da zona.

Froito desa xuntanza decidiuse seguir adiante con este proceso, marcando dúas reunións de traballo, co obxectivo de pechar a constitución de dita asociación. Dada a importancia que teñen estas reunións, queremos que asistas para informarte, dar a túa opinión e facer as achegas que consideres oportunas.

A primeira reunión terá lugar o martes 25 de outubro ás 18:00 horas na sede do GALP (Recinto Fexdega) en Vilagarcía. O obxectivo desta reunión consiste en realizar un debate sobre o marco estatutario que orientará a composición e funcionamento da asociación.

A segunda reunión celebrarase no mes de novembro, estando pendente de pechar a data e o lugar. Este momento será aproveitado para aprobar os estatutos e constituírse formalmente como entidade.

Para o GALP Ría de Arousa, este proxecto é ilusionante e moi importante, por iso vos animamos a que asistades e participedes na creación da asociación, que servirá para visibilizar e reforzar o papel das mulleres do mar na zona de Arousa.