O GALP 5 levará o teatro de 'As do peixe' a varias vilas da Arousa

14
Nov
0
com
Foto: 
As-do-peixe.jpg
Fecha: 
14/11/2016 - 14:44

O GALP Ría de Arousa comezará a realizar unhas actividades de dinamización para fomentar unha das súas liñas estratéxicas "Fomento do benestar social e patrimonio cultural nas zonas pesqueiras".

Dentro destas actividades está contemplada a representación da obra teatral "As do peixe" que terá lugar nos Concellos de Vilanova de Arousa, O Grove, A Pobra do Caramiñal e Boiro.

Informaremos das datas nos vindeiros días.

Esperamos contar coa vosa presenza!