Roldas de prensa para presentar 'As do peixe' en catro concellos da Arousa

16
Nov
0
com
Foto: 
cartel AS DO PEIXE.png
Fecha: 
16/11/2016 - 12:48

O mércores 16, ás 13:00 horas terá lugar unha rolda de prensa no Concello da Pobra do Caramiñal para a promoción das actividades de dinamización do GALP, a través da representación da obra teatral "As do peixe" dentro da liña estratéxica de "Fomento do benestar social e patrimonio cultural nas zonas pesqueiras".

Tamén terá lugar outra rolda inforamtiva o venres 18 ás 13:00 horas no Concello de Grove. Esta actividade realizarase en catro concellos da Ría de Arousa.

A primeira destas representacións será o vindeiro domingo 20 de Novembro, no Concello do Grove, ás 20:00 horas na Carpa Institucional da festa do Marisco (enfrente ó edificio do Concello, na zona portuaria). Contamos coa vosa presenza!.