'As do Peixe' na Pobra do Caramiñal

18
Nov
0
com
Foto: 
rolda ASDOPEIXE copia.jpg
Fecha: 
18/11/2016 - 11:44

O pasado mércores ás 13:00 horas tivo lugar unha rolda de prensa no Concello da Pobra do Caramiñal para a promoción das actividades de dinamización do GALP, que estarán centradas na representación da peza teatral 'As do Peixe' en varias vilas da Arousa. No Concello da Pobra do Caramiñal a representación terá lugar o vindeiro mércores 23 de novembro ás 20:30 no Teatro Cine Elma, na Rúa Rafael Calleja.

Lembramos que terá lugar outra rolda de prensa este venres ás 13:00 horas no Concello de Grove, Onde a obra teatral "As do Peixe" se representará o vindeiro domingo 20 de novembro, ás 20:00 horas na Carpa Institucional da Festa do Marisco (fronte ao edificio do Concello, na zona portuaria).