Onte se celebrou a Xornada de Traballo de Elaboración da Estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur

11
Nov
0
com
Fecha: 
11/11/2016 - 10:17 - 13/11/2016 - 10:17
Onte
celebrouse na Casa do Concello de Sada a primeira reunión para a elaboración da
Estratexia de Desenvolvemento Local do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que
está promovendo o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro.
Queremos
agradecer a tódalas as persoas e entidades do territorio, que
compartiron o seu tempo nesta actividade de construcción colectiva da
Estratexia que implementaremos nos vindeiros anos.

A reunión,
presidida polo presidente do GALP, Andrés García Boutureira, contou cunha ampla
participación de representantes de diferentes asociacións do sector pesqueiro,
asociacións de redeiras, asociacións empresariais, concellos, confrarías, clubes náuticos e organismos públicos, entre
outros. Entre estas poderíamos destacar a Acerga, Confraría de Sada, o concello
de Sada e o concello de A Coruña, Ceida, Reserva da Biosfera Mariñas Betanzos,
Asociación de minoristas e exportadores do Porto de Coruña, Autoridade Portuaria
de Coruña, Agrupación de mariscadores do Burgo da Confraría de Pescadores da Coruña, etc. Tamén persoas que a título
persoal se interesaron por este proxecto.

Esta reunión, serviu para dar o arranque ao proceso de participación de
elaboración da EDLP, que quedará rematada a principios do mes de decembro.
Abordáronse tres ámbitos de traballo, destacando:
· No sector pesqueiro a
importancia da valorización dos produtos pesqueiros en fresco, a importancia de
incidir no seu consumo en diferentes ámbitos, a necesidade de loitar contra a
contaminación das augas e a súa incidencia no medio mariño e costeiro, etc.
· No ámbito da diversificación
económica e o turismo, a relevancia que ten o Camiño Inglés como motor de
dinamización do turismo, aproveitando a sinerxía cos ámbitos pesqueiro e
patrimonial como motores de desenvolvemento, a trascendencia da actividade
náutica e actividades lúdico deportivas vinculadas ao mar.
· No ámbito ambiental e
patrimonial destacou a importancia de mellorar a calidade e a preservación da
biodiversidade da rías, a importancia do ecoturismo, e tamén, o reforzo do
extenso patrimonio material da zona e o inmaterial vinculado ao ámbito mariño,
marítimo e pesqueiro.
A próxima
cita será o día 17 de novembro da partir das 17 horas na Casa do Mar de Sada,
onde terán lugar unha serie de mesas sectoriais de traballo. (Medioambiente e
patrimonio ás 17 horas, economía e turismo ás 18 horas e sector pesqueiro ás 19
horas).