O Vindeiro venres 25 de novembro de 2016. Salon de Actos Lonxa Coruña Mesa Sector Pesqueiro GALP Golfo Ártabro Sur

21
Nov
0
com
Fecha: 
21/11/2016 - 11:11 - 28/11/2016 - 10:39

O Vindeiro venres 25 de novembro de 2016. Salon de Actos Lonxa Coruña Mesa
Sector Pesqueiro GALP Golfo Ártabro Sur

O vindeiro venres 25 de novembro 2016 no Salón de Actos da Lonxa de A
Coruña, Sita no Porto Linares Rivas s/n. Terá lugar a derradeira mesa de
traballo para elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo
do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur",
esta actividade enmarcase dentro das accións do GALP como Candidato a ser
entidade colaboradora da Consellería do Mar para o programa dos Grupos de
Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020, financiados polo Fondo Europeo
Marítimo Pesqueiro.

A xornada terá como obxecto traballar as liñas relacionadas coa cadea de
producción e valor do sector pesqueiro así como aquelas de diversificación e
innovación. Están invitadas tódalas empresas e entidades do sector pesqueiro do
Territorio do GALP Golfo Ártabro Sur. O acceso ao Porto deberá realizarse pola
entrada principal de San Diego na AC-10.