As actividades medioambientais que desenvolve o Galp 5 na Arousa Norte chegan tamén a Rianxo

30
Nov
0
com
Foto: 
IMG-20161130-WA0002 web.jpg
Fecha: 
30/11/2016 - 23:09

O Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa no marco das súas iniciativas de dinamización está a desenvolver un programa de carácter medioambiental co que crear conciencia social de cara á conservación das zonas costeiras e co que potenciar a colaboración entre entidades do mesmo territorio na liña dun obxectivo común.

A principal actuación está a ser a limpeza de varias zonas de costa que se desenvolve con escolares, colectivos da terceira idade e colectivos de persoas con diversidade funcional e coa que se pretende divulgar a importancia da non contaminación das zonas costeiras incidindo nos beneficios que eso supón para todo o territorio.

O programa estivo durante esta semana con 49 escolares de Riveira na praia de Coroso, cun colectivo de 60 persoas entre profesionais e usuarios das asociacións AMBAR e A CREBA tamén en Coroso e hoxe xoves día un será o turno de 45 escolares de Boiro que actuarán na praia de Barraña.

O peche desta primeira semana de limpeza de praias terá lugar mañá no Concello de Rianxo e máis concretamente na praia da Torre (Taragoña) na que, a partir das 10.30h, 55 escolares do CEIP ADR Castelao farán unha batida en busca de diferentes tipos de residuos que despois identificarán.

Ata o de agora os dous tipos máis atopados son aqueles residuos que se desprenden das labores do sector pesqueiro (cabos, restos de artes, boyas, etc) e plásticos de moi diferentes tipos (bastoncillos, bolsas, botes, tapóns, …).