O plan de sensibilización medioambiental do Galp 5 continuará pola Arousa Sur

01
Dec
0
com
Foto: 
cartel AROUSA SUR WEB.png
Fecha: 
01/12/2016 - 11:15

A iniciativa de dinamización medioambiental que está a promover o O Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa continuará a partir da próxima semana pola Arousa Sur con programas similares destinados a crear conciencia social de cara á conservación das zonas costeiras e potenciar a colaboración entre entidades do mesmo territorio na liña do obxectivo común de preservar os espazos da nosa costa.

En Vilagarcía de Arousa serán os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria de Colexio de Rubiáns os primeiros en sumarse a este ciclo de actividades o vindeiro 9 de decembro con varias dinámicas que se desenvolverán no propio centro entre as 11:30 e as 14:50.

Ao día seguinte, o 10 de decembro, será a Asociación ‘Ao Xeito’ do concello da Illa de Arousa a que vai participar nunha actividade de praia de Cabodeiro de 16:00 ata as 19:00 aproximadamente.

E no concello de O Grove, as alumnas e alumnos do IES As Bizocas realizán dúas actividades no centro escolar o 14 de decembro de 12:30 a 14:10, e o 15 de decembro unha actividade na praia Area da Cruz de 9:25 ata as 14:10.