Os escolares de Boiro tamén participaron nas actividades de dinamización da Ría de Arousa

05
Dec
0
com
Foto: 
Boiro web.jpg
Fecha: 
05/12/2016 - 11:56

O xoves 1 de decembro 45 escolares de Boiro achegáronse á praia de Barraña para participar na campaña de sensibilización medioambiental que está desenvolvendo o Galp Ría de Arousa en todo o seu territorio, co obxectivo de divulgar a importancia da non contaminación das zonas costeiras e incidindo nos beneficios que eso supón para todo o territorio.

Ata o de agora os dous tipos máis atopados son aqueles residuos que se desprenden dos
labores do sector pesqueiro (cabos, restos de artes, boyas, etc) e plásticos de moi diferentes tipos (bastoncillos, bolsas, botes, tapóns, …).