O CEIP Castelao de Rianxo implicouse tamén na campaña de concienciación do GALP 5

05
Dec
0
com
Foto: 
Rianxo3 web.jpg
Fecha: 
05/12/2016 - 12:46

O peche da primeira semana de limpeza de praias tivo lugar o pasado venres no Concello de
Rianxo e máis concretamente na praia da Torre (Taragoña) na que 55 escolares do CEIP ADR Castelao fixeron unha batida en busca de diferentes tipos de residuos que despois identificaron.

Como ven sendo habitual ata o de agora, os dous tipos máis atopados son aqueles residuos que se desprenden dos labores do sector pesqueiro (cabos, restos de artes, boyas, etc) e plásticos de moi diferentes tipos (bastoncillos, bolsas, botes, tapóns, …).