Escolares da Pobra do Caramiñal participan na iniciativa medioambiental do GALP Ría de Arousa limpando a praia dos Arenales

05
Dec
0
com
Foto: 
A Pobra web.jpg
Fecha: 
05/12/2016 - 13:12

O Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa no marco das súas iniciativas de dinamización está a desenvolver un programa de carácter medioambiental co que crear conciencia social de cara á conservación das zonas costeiras e co que potenciar a colaboración entre entidades do mesmo territorio na liña dun obxectivo común.

A principal actuación está a ser a limpeza de varias zonas de costa que se desenvolve con escolares, colectivos da terceira idade e colectivos de persoas con diversidade funcional e coa que se pretende divulgar a importancia da non contaminación das zonas costeiras incidindo nos beneficios que eso supón para todo o territorio.

No día de hoxe participaron no programa 20 escolares da Pobra do Caramiñal pertencentes ao CEP Pilar Maestu, que fixeron unha batida pola praia dos Arenales en busca de diferentes tipos de residuos que despois identificaron.