Proceso de selección de persoal e contratación de auxiliar administrativo/a

07
Feb
0
com

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Vigo - A Guarda convoca un proceso de selectivo para a cobertura dun posto de Auxiliar Administrativo/a por acumulación de tarefas para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014 -2020).
As bases do proceso de contratación pódense consultar na páxina web de acción costeira, no apartado novas e de contratación de persoal: http://www.accioncosteira.es , ou chamando aos teléfonos: 986 358 109 ou no 646 873 106 en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a vernes.
As solicitudes serán presentadas no prazo máximo de 15 días hábiles contados dende o día seguinte á última publicación nos medios especificados na Base 4 as 14:00 horas, ante o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Vigo – A Guarda segundo o procedemento que se indica nas Bases de Contratación.
O acceso á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP 7 é o seguinte:
http://www.mar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/edlp...

Fecha: 
07/02/2017 - 17:54
AdxuntoTamaño
Convenio de colaboración Xunta GALP 7.pdf12.12 MB
Bases auxiliar administrat GALP 7.pdf4.5 MB
Estatutos modificados GALP 7.pdf133.7 KB
Orde de axudas 24 maio.pdf1.08 MB