Proceso de selección de Xerente e Técnico para xestión do programa EDLP Galp Golfo Ártabro Sur.

09
Feb
0
com

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur
convoca un proceso de selectivo para a cobertura das Prazas de Xerente e Técnico para a aplicación da
Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no marco do Fondo
Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014 -2020).
As bases do proceso de contratación pódense consultar na páxina web de
acción costeira, no apartado novas e de contratación de persoal: http://www.accioncosteira.es , ou nos locais da Confraría de Pescadores de Sada, sito na Av. do Porto nº21 2 Planta en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres.
As solicitudes serán presentadas no prazo máximo de 15 días naturais
contados dende o día seguinte á última publicación nos medios
especificados na Base 4, ante o Grupo de Acción Local do
Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur segundo o procedemento que se
indica nas Bases de Contratación.

Mais información en http://galpgolfoartabrosur.blogspot.com.es/p/licitacions.html
O acceso á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Sur é no enlace seguinte:

https://drive.google.com/file/d/0BxVdrD4KgBhMNVBGUVU2M1lqQ0E/view?usp=sharing

En Sada a 9 de febreiro de 2017

Fecha: 
09/02/2017 - 09:00 - 24/02/2017 - 09:00
AdxuntoTamaño
ANUNCIO CONTRATACIÓN DE PERSOAL GALP GOLFO ARTABRO SUR_signed.pdf472.33 KB
2017-02, 08 Bases firmadas GALP GAS_signed.pdf627.27 KB
2017-02 08 Bases contratación personal GALP_GAS_signed.pdf1.21 MB
2017-02, 08 Bases firmadas GALP GAS_signed.pdf627.27 KB