¿Quén forma Grupos de Acción Costeira?
Un GAC é un grupo de entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal de cooperación e compromiso. Está formado por distintos axentes tanto públicos como privados da zona, con especial protagonismo dos pertencentes e relacionados co mundo pesqueiro.
As labores dos GAC
Os GAC teñen que liderar as accións, fomentando a participación activa das organizacións representativas dos diversos sectores. Participación que é a clave do éxito destas accións, xa que garanten o acerto das decisións que se adopten, por canto se coñecerán con detalle cales son as necesidades concretas en cada área. As accións permitirán ademais do desenvolvemento local e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible, isto é, máis aló da existencia dos fondos.
A grandes liñas, o seu labor será:
Integrar todos os colectivos posibles dos sectores pesqueiro, social, económico e público. |
Novas accións
Para fomentar os GAC establécense distintas medidas subvencionables, incluída a contribución ao financiamento dos custos de explotación e funcionamento (gastos de xestión) dos grupos e a creación de capacidades colectivas para preparar estratexias de desenvolvemento local.
O valor engadido deste novo Eixe 4 reside na forma en que se poñen en práctica as accións que promove, tanto en e por medio das comunidades pesqueiras coma en e por medio dos Grupos de Acción Costeira, é dicir, está baseado nun enfoque local integrado nunha estratexia territorial, polo tanto, adaptado ao contorno. Unha estratexia terra-mar, na que os GAC serán os protagonistas desta estratexia de desenvolvemento local ascendente.
A Asociación
Os GAC, como asociación que son, fomentarán a máxima participación no seu seo de cantas asociacións sectoriais existan no seu ámbito territorial, non permitindo en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas individuais con ánimo de lucro.
A asociación que aspire a obter o recoñecemento de GAC, deberá estar constituída por entidades representativas dos seguintes sectores:
Sector Pesqueiro: Integrarano as asociacións e entidades de interese colectivo pesqueiro, marisqueiro e acuícola con persoalidade xurídica propia. Sector Económico: Integrado polas asociacións de empresarios, de axentes económicos e organizacións sindicais. Sector Social: Sector Público: Integrado polas administracións públicas de ámbito local e entidades do sector público vinculadas ou dependentes destas.
|
|
Ademáis e como consecuencia do regulamento do FEP, o sector pesqueiro terá unha clara posición predominante na Xunta Directiva do GAC representando polo menos o 50% dos votos.
ENTIDADES O GAC é unh asociación e non pode excluír a integración de ningunha entidade. Está formado polos sectores pesqueiro, social, económico e público. O Sector pesqueiro é o líder do GAC NUMERO DE GAC |