Nun proxecto plurianual en que o promotor desexa variar o importe das anualidades, ¿é necesario que solicite a modificación da resolución de concesión?<br />

Efectivamente. Só nos casos en que as variacións sexan dun máximo do 15% en distintos conceptos, non será necesaria a modificación, sen que poida variar a contía total do proxecto nin das anualidades.

Para poder variar un concepto nun 15% e non variar a contía total, compre, como é lóxico, compensar esa variación con outro concepto na mesma contía.