Inicio das Actividades do GAC5

Inicio das Actividades do GAC5

Inícianronse hoxe as
xornadas de difusión e animación ás entidades participantes do Grupo de Acción
Costeira da Ría de Arousa. O obxectivo destas xornadas de difusión é fomentar a
presentación de proxectos subvencionables polo Fondo Europeo da Pesca que cren
novas fontes de ingresos sostibles e de calidade de vida. 


A presentación estivo orientada á Confrarías de Pescadores do Grupo e tivo lugar na delegación da Consellería do Mar en Carril. As Asistencias
Técnicas das Confrarías serán informadas durante a presentación sobre os
contidos do Plan Estratéxico Zonal, os obxectivos do Grupo de Acción Costeira,
os proxectos subvencionables e a forma de presentar os proxectos.


O Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa está constituído por concellos,
entidades e asociacións dos Concellos de Boiro, Cambados, Catoira, O Grove,
Illa de Arousa, Meaño, A Pobra do Caramiñal, Ribadumia, Rianxo, Ribeira,
Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. 


Nas próximas semanas realizaranse charlas informativas en toda a xeografía do
Grupo para difundir a todos os asociados e público en xeral os obxectivos do
GAC e a tipoloxía de proxectos subvencionables.


Acto na Delegación da Xunta en Carril

Acto na Delegación da Xunta en Carril

XORNADA DE DINAMIZACIÓN DA ESTRATEXIA DO GALP RÍA DE AROUSA -