RECUPERACIÓN DOS FONDOS DA ENSEADA DE SAN SIMÓN (RÍA DE VIGO)

Tipo de Proyecto: 
No Productivo

Con este proxecto rexenerouse unha zona improdutiva moi fangosa no interior da Enseada de San Simón mediante o dragado da desembocadura do Río Oitaven- Verdugo e o posterior aporte destes áridos.

A zona recuperada está situada a continuación do actual banco denominado Area Nova do Cabalo, e abarca unha superficie de 50.000 m2, e a cantidade de area necesaria para proporcionar un espesor de 30 cm foi de 17.857 m3 .

A finalidade desta actuación foi mellorar a calidade do sedimento ó modificar a granulometría para facilitar a fixación natural de larvas de moluscos bivalvos. Por outra banda, conseguiuse aumentar a superficie efectiva do banco sublitoral Area Nova do Cabalo. Deste xeito incrementase a superficie total do conxunto dos bancos de libre marisqueo de toda a Ría de Vigo, e como consecuencia a redución do esforzo pesqueiro.

No territorio do GAC Ría de Vigo – A Guarda,  o marisqueo é unha actividade económica con gran tradición e incidencia social, hai oito confrarías de pescadores, varias asociacións profesionais e diferentes cooperativas de mariscadores que conforman un colectivo de mais de 1.000 persoas.

Gran parte destes mariscadores traballan ó longo do ano nos bancos marisqueiros da Enseada de San Simón extraendo moluscos bivalvos como son: ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa babosa e berberecho.

PROYECTO
Presupuesto total: 
75.000,00 €
Plazo de ejecución: 
30/10/2010