EL GAC4 APUESTA POR LA INNOVACIÓN PARA IMPULSAR LA PESCA

30
Maio
0
com
Foto: 
29.5.2011.jpg
Fecha: 
30/05/2011 - 09:11

A directiva do Grupo de Acción Costeira, Seo Fisterra Ría de Muros e Noia, GAC4, fixo públicos, o pasado venres en Muros, os resultados dun estudo de viabilidade para a mellora da comercialización dos produtos pesqueiros na zona de influenza desta entidade. Responsables da empresa Marquez & Asociados, redactora do proxecto, presentaron, ante máis de medio centenar de armadores de barcos de pesca da zona, os resultados do traballo.

Baixo a premisa de que é posible mellorar a comercialización dos produtos do mar capturados na zona, e desa forma lograr unha maior rendibilidade das explotacións pesqueiras, os técnicos consultores foron desglosando as características e condicións nas que se atopa a pesca nesta zona de Galicia, para que a continuación aportar algunhas solucións para mellorar a situación económica e de emprego.

Así, ao diagnosticar a situación actual, apuntáronse debilidades tales como a antigüidade da flota, o descenso do número das capturas, a falta de iniciativas innovadoras, o excesivo número de lonxas, as ventas incontroladas, e unha certa rivalidade e confrontación entre os distintos portos.

Fortalezas.

Polo contrario, no mentado estudo, tamén se recoñecen unhas serie de fortalezas do sector produtivo marino en la zona de influencia do GAC4, entre as que figura o forte peso da pesca artesanal, a concentración de especies, xa que o 90% do produto subastado corresponde a só cinco produtos,que o ano pasado supuxeron uns beneficios de vintecinco millóns de euros. Ademáis, existe unha infraestructura portuaria e servizos adecuados para competir.

Noutro momento da charla puxéronse en relevo algunhas amenazas que afectan ao sector, entre as que destacaron as políticas de redución de capturas, a presenza no mercado de produtos foráneos e transformados, o incremento da acuicultura, os cambios no gusto do consumidor, a crise, o incremento do precio do combustible, a supresión de subvencións e outros.

Ante esta situación, os técnicos apostaron polo inicio das accións de comercialización, o estudo de tarefas de transformación do produto, e a diferenciación das especies a vender, coa implantación de marcas de calidade da zona.