Obradoiro para mariscadores a flote

30
Xun
0
com
Fecha: 
30/06/2011 - 16:33

No ámbito de difusión das axudas do Grupo de Acción Costeira Ría de Arousa (GAC), o vindeiro día 30 de Xuño, terá lugar ás 17.30 o obradoiro sobre o emprego de fondos europeos ás distintas agrupacións das confrarías de mariscadores a flote.

O obxectivo desta xornada é facilitarlle aos asistentes as ferramentas básicas para obter fondos públicos para a execución de proxectos e actuacións para as súas organizacións, fomentando o desenvolvemento económico, social e ambiental do sector e da área de actuación.


A presentación do xoves está orientada ás agrupacións de mariscadores a flote. O acto terá lugar na delegación da Consellería del Mar en Carril e será realizado pola Xerencia e a asistencia técnica do grupo.


O Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa está constituído por concellos, entidades e asociacións dos Concellos de Boiro, Cambados, Catoira, ou Grove, Illa de Arousa, Meaño, A Pobra do Caramiñal, Ribadumia, Rianxo, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.