O GAC 4 CREA CON MAR GALAICA O PRIMEIRO DESTINO DE TURISMO MARIÑEIRO DE EUROPA

27
Xun
0
com
Foto: 
26.6.2011.jpg
Fecha: 
27/06/2011 - 09:56

A área de influenza do Grupo de Acción Costeira Fisterra Ría de Muros-Noia (GAC4) converterase no primeiro destino turístico mariñeiro de Europa. Durante meses, o GAC4 traballou para ofrecer unha imaxe de marca e o resultado é Mar Galaica, cuxa posta de longo terá lugar o vindeiro xoves no hotel Quinta da Auga, en Santiago.

Durante a presentación tamén se darán a coñercer outras propostas, coma o Club de Produto ou o denominado portafolios de servizos para o verán. Este último incorpora un total de 85 propostas para que os viaxeiros descobran novas formas de aproximarse ao mar, ao traballo dos profesionais, á súa cultura e á súa gastronomía. Ademais, proporcionanse alternativas para gozar do descanso e o tempo de lecer despois de cada xornada.

Ampla representación.

O acto de presentación oficial de Mar Galaica contará coa presenza da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a Secretaria Xeral de Turismo, Carme Pardo. Ademais, está prevista a asistencia de representantes do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, así como de Turespaña.

Dende o GAC4 indícase que a participación dos membros do ministerio está motivada pola expectación que espertou o feito de que, por primeira vez, un territorio decida converterse en destino de turismo mariñeiro.

A presenza dos representantes do Goberno central estará precedida dunha reunión que terá lugar mañá en Madrid, por parte da xerente do GAC4 cos membros do Ministerio. O encontro ten por obxecto estudar a posibilidade de implantar o modelo de traballo noutros destinos costeiros españois. Ademais, preténdese  que Turespaña adopte o turismo mariñeiro como un produto máis da oferta existente.

Exhibición gastronómica

A presentación de Mar Galaica desenvolverase en catro partes. A primeira consistirá nunha sesión técnica na que representantes de empresas e Administracións públicas debaterán sobre os pormenores do plan.

Posteriormente haberá un acto de exaltación gastronómica en el que cociñeiros e mariscadoras efectuarán unha exhibición de elaboración de pratos con peixes frescos procedentes do territorio de influenza do GAC4.

Tras a demostración culinaria terán lugar los discursos e procederase á entrega de diplomas ás empresas adheridas ao club.

A xornada concluirá cun almorzo no que os asistentes terán a oportunidade de degustar os pratos que elaboraron durante a demostración.

Mar Galaica é a suma de iniciativas de turismo mariñeiro existentes anteriormente, como Mar de Lira, Pescando onde o Solpor, Pindo Mariño e Porto Celta. Agrupándose nesta iniciativa esperan poder mellorar a calidade e profesionalidade do servizo.