VISITA DE ESTUDO DO GAC1 A MARIÑA-ORTEGAL A ANDALUCIA

27
Xun
0
com
Foto: 
IMG_3491_2.jpg

Dentro das actividades de promoción/dinamización do GAC1, un grupo de 22 persoas realizou unha visita de estudo ao Grupo de Desarrollo Pesquero de Cádiz-Estrecho, entre os días 20 e 24 de xuño. Os lugares visitados foron os seguintes: o día 21, visita a Barbate, onde se puido ver o Centro de Interpretación de Atún de Almadraba; ruta en barco para coñecer de cerca o litoral e a estrutura superficial das almadrabas; visita á empresa de salazóns, afumados e conservas HERPAC, onde se realizou o ronqueo dun atún. O día 22, visita a Tarifa, ao porto pesqueiro, lonxa e fábrica de xeo, onde o Secretario da Confraría lles amosou aos presentes o sistema de envasado e etiquetado nesta lonxa; posteriormente, levouse a cabo unha visita guiada ás Ruinas de Baelo Claudia en Bolonia (asentamento romano relacionado coa pesca e o comercio, especialmente coa salazón dos produtos do mar). O día 23, visita a Conil de la Frontera, onde o Secretario da Confraría de Pescadores e Presidente do Grupo de Desarrollo Pesquero (GDP) de Cádiz-Estrecho, lles amosou o porto pesqueiro, a lonxa co sistema de etiquetado e trazabilidade e as instalacións de acuicultura en alta mar. Nas distintas visitas, ademais de coñecer as actividades que se estan a desenvolver nesta zona andaluza, tamén houbo un intercambio de experiencias cos representantes das Confrarías de Pescadores integrantes do GAC1 A Mariña-Ortegal, sobre todo en temas de comercialización e etiquetado dos produtos pesqueiros. Os contactos establecidos poden servir de axuda para o desenvolvemento de futuros proxectos de cooperación entre os dous territorios. 

Estas visitas realizáronse gracias á colaboración e organización do Presidente, da Xerente e da Técnico do GDP de Cádiz-Estrecho.