Outros documentos

  • O pasado 6 de xullo tivo lugar en Moaña a xornada de sensibilización medioambiental "Limpeza do fondo do porto de Meira". Nesta actividade participaron mergulladores e voluntarios en terra.

  • O día 30 de xuño tivo lugar a xornada de sensibilización medioambiental: "Limpeza do fondo do porto de A Guarda". Esta xornada comezou ás 16:00 horas.
  • Do día 3 de xuño ata o día 24 de xuño a exposición "Patrimonio cultural do GAC 7" puidose visitar no Centro cultural de Pedornes, no Concello de Oia.
  • O 22 de Setembro levarase a cabo unha xornada de difusión e dinamización na Casa do Mar (Praza dos Mariñeiros, nº 2 ) Riveira, dirixido ás entidades participantes do Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa, así como a todas entidades e persoas que estean interesadas en asistir. O obxectivo destas xornadas de difusión e dar a coñecer o traballo realizado pola nosa agrupación, así como as posibilidades que estamos a brindar cara ao desenvolvemento e promoción de distintas iniciativas tanto produtivas coma non produtivas, xa que a convocatoria para a presentación de novos proxectos finalizará a finais do mes de Setembro.

  • O GAC 5 pertencente a zona da Ría de Arousa,  aprobou na súa derradeira convocatoria un total de 12 iniciativas novas a desenvolver na súa área de actuación, o cal terá unha repercusión directa sobre o territorio, xa que se prevé  un total de 48 postos de traballos novos e permitirá a consolidación de 43 empregos xa existentes. Ademais dita aprobación supón unha inversión dun total de 1.136.651,84 € procedentes de fondos públicos e privados destinados ao desenvolvemento social e produtivo do territorio do que estamos a falar. A subvención de dito orzamento total supón o mais do 50% de dito computo total, alcanzando os 579.571,24 €.

  • O pasado 13 e 14 de Agosto desenvolveuse en Rianxo a II Exaltación do Mexillón, onde leváronse a acabo un gran número de actividades relacionadas co prezado molusco. Destacou a degustación da paella xigante e o bolo preñado de 55 metros, a entrega de premios, así como a posibilidade de participar en rutas para coñecer a forma de cultivo do mexillón nas bateas.

  • O pasado 24 de Xullo celebrouse na lonxa de Aguiño en Ribeira, a Festa do Percebe, onde os asistentes puideron degustar o gran tesouro da nosa mar, o percebe. A degustación comezou as 12 horas, cun prezo por ración de 12 € na carpa instalada na lonxa para dita ocasión. Xunto co percebe púidose degustar outros pratos típicos como distintos tipos de empanadas, pan de millo, viños e toda clase de bebidas. Amenizando a xornada actuou o grupo musical Arume.

  • Presentación comentada na xuntaza do pasado mes de Abril que tivo lugar en Bruselas sobre cómo mellorar o impacto das intervencións da Unión Europea nas zonas de pesca (nivel local).

  • A Consellería do Mar firmou dos convenios de colabación sobre o financiamento do programa europeo dos Grupos de Acción Costeira, un con Caixa Galicia e outro con Caixanova.

  • Resolución do 19 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería do Mar, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2009.