Novas

  • Continuando coas actividades medioambientais programadas para o territorio da Arosa Sur, hoxe 20 escolares de 4º da ESO, do IES Illa de Arousa, participaron nunha xornada de sensibilización ambiental no centro escolar para posteriormente levar a cabo unha actividade de limpeza nunha das praias do concello.
  • Hoxe os escolares do IES As Bizocas do Grove abordaron a segunda parte do programa de sensibilización mediambiental que iniciaran onte nas aulas. Tratábase de poñer en práctica os coñecementos adquiridos a través dunha actividade de recollida de lixo na praia para valorar in situ como afectan estes residuos aos ecosistemas costeiros.
  • A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou onte en Vilagarcía de Arousa o valor dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) para reforzar o papel das mulleres no mar e darlle máis visibilidade. Neste sentido sinalou que as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas pola Consellería do Mar “pretenden contribuír á promoción da igualdade entre homes e mulleres”.
  • Hoxe mércores, 50 escolares do IES As Bizocas do Grove tiveron participaron nunha sesión divulgativa na que reflexionaron acerca da importancia da ría e a súa diversidade a través de cunchas e dinámicas recreadas na aula. Mañá terán a oportunidade de poñer en práctica estes contidos cunha actividade na praia.
  • O martes, no CEIP Corvillón de Cambados, 50 escolares tiveron a oportunidade de reflexionar acerca da importancia da ría e a súa diversidade a través de cunchas e dinámicas recreadas na aula. Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa ambiental impulsada polo Grupo de Acción Local Pesqueiro de Arousa (GALP) dentro do proxecto denominado "Un futuro Sostible para a nosa Ría". Con este programa búscase concienciar aos máis pequenos da necesidade que existe nunha ría como a de Arousa de coidar o litoral mariño.
  • As actividades medioambientais da Arousa Sur chegaron este martes ata o concello de Vilanova, onde 50 escolares CEIP Xulio Camba fixeron unha saída á praia do Terrón para efectuar labores de limpeza e estudo do ecosistema do areal.
  • Este sábado continuaron na Arousa Sur as iniciativas medioambientais destinadas a crear conciencia sobre o problema dos vertidos e contaminación do mar. Desta volta, levouse a cabo unha actividade de recollida de residuos na praia de Cabodeiro, no concello da Illa en colaboración co colectivo Ao Xeito e aberta ao público xeral.
  • Onte na praia fluvial de Catoira remataron as actividades medioambientais previstas na Arousa Norte, coa participación de escolares do CPI Progreso que fixeron unha batida en busca de diferentes tipos de residuos que despois identificaron.
  • Esta semana deron comezo as actividades medioambientais na Arosa Sur dentro do proxecto denominado "Un futuro Sostible para a nosa Ría" que busca concienciar aos máis pequenos da necesidade que existe nunha ría como a de Arousa de coidar o litoral mariño. Tamén participarán outros municipios bañados pola ría como Vilanova, A illa, Cambados e o Grove.
  • Esta mañá 70 escolares do CEIP Salustiano Rey limparon o Areal da Pobra do Caramiñal no marco das iniciativas de dinamización que está a desenvolver o Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa. Trátase dun programa de carácter medioambiental co que crear conciencia social de cara á conservación das zonas costeiras e co que potenciar a colaboración entre entidades do mesmo territorio na liña dun obxectivo común.